PonteVan: FP na rúa

Un proxecto de futuro, innovador

Innova Oroza

Podes contactar con nós en986868608 - 986847002FacebookTwitterYouTube

By

Resolución da Consellería de Cultura, Educación e OU

Publicada a resolución do 20 de abril de 2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional, convocados na resolución do 23 de novembro de 2015.

Comunicación da resolución dos premios

Lista de proxectos premiados en 2016

By

O proxecto, na prensa…

Referencias na prensa local ao proxecto “PonteVan: a FP na rúa”

Diario de Pontevedra (Xoves, 7 de xaneiro de 2016)

La Voz de Galicia (Domingo 24 de abril de 2016)

Faro de Vigo (Martes, 26 de abril de 2016)

 

By

Compañeiros de viaxe e socios estratéxicos do proxecto

image

Nesta andaina que comenza o equipo de Innova Oroza incorporamos novos compañeiros de viaxe, conseguimos establecer alianzas que supoñen un alto valor engadido nun proxecto moi ambicioso, difícil e innovador. Somos varios centros de ensino público non universitario da cidade de Pontevedra e tamén varias entidades, públicas e privadas.

A nosa proposta e os socios estratéxicos

innovacion_destacados_v3_som

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través dos Proxectos de innovación son os promotores e dinamizadores de proxectos na FP en Galicia. Facilita e impulsa medidas e convocatorias de axudas que propician a unión de forzas entre centros de ensino.


 

original-logos_2015_Jun_4184-5830262

 

 

 

Innova Oroza é a división de innovación educativa do CIFP Carlos Oroza, somos os creadores e directores do proxecto “PonteVan: FP na rúa”.

o CIFP Carlos Oroza é un centro educativo da Rede Integrada de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Galicia. Imparte as ensinanzas das familias profesionais de hostalería e turismo e industrias alimentarias. Creouse no 1996 nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe dependente da Deputación de Pontevedra. Dende os seus orixes mantén un compromiso firme co ensino de calidade, e unha clara visión na innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe e a implicación  en proxectos de innovación en colaboración con empresas do sector da hostalería e turismo, implicándose nos últimos anos en disciplinas non habituais para un centro público de hostalaría e turismo. Tradicionalmente en cada curso escolar o CIFP Carlos Oroza participa e organiza múltiples actividades onde o alumnado traballa a creatividade, a investigación culinaria, a organización de procesos de traballo. Todo elo a través da estimulación a todo o alumnado para a participación en concursos temáticos organizados polo propio centro ou propostos por outras entidades, incluíndo unha actividade que se realiza cada curso, no marco do proxecto de innovación de turismo accesible, consistente nunha comida a cegas para asociados da Fundación ONCE no que se traballan aspectos sensoriais e a atención ao cliente con discapacidade visual.

Nestes momentos estamos a desenvolver dous proxectos de innovación concedidos no pasado curso pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

  • Proxecto de innovación “Investigación e desenvolvemento de novos usos culinarios de lapa, patella spp”. Proxecto de investigación alimentaria sobre a lapa, desenvolvido en colaboración coa Cofradía de Pescadores San José de Cangas, a Universidade de Santiago de Compostela e a spin-off Tastelab, consultoría de base tecnolóxica orientada ao estudo de produtos. O proxecto versa sobre a investigación de formas de cociñado, envasado e comercialización da lapa.
  • Proxecto de innovación sobre usos alimentarios “Obtención e caracterización de fibras vexetais para ser utilizadas como ingrediente alimentario” coa colaboración do IES Montecelo e PortoMuiños. Proxecto de obtención de fibras vexetais para usos culinarios para desenvolver “papel comestible” elaborado a base de fibras vexetais e algas mariñas.

Ademáis dos proxectos anteriores, o CIFP Carlos Oroza está a traballar neste proxecto:

  • Proxecto de innovación “Pracer e Saúde” sobre investigación estratéxica no canal HORECA cara o deseño dun menú saudable e pracenteiro e integración de novos ingredientes recuperados ou innovadores do sector agroalimentario galego, desenvolvido en colaboración con TasteLab, Grupo Nove, Ardora Cooperativa e a Universidade de Santiago de Compostela.

O centro dispón da certificación ISO 9001-2008 do Sistema de Xestión da Calidade dende o ano 2012 e caracterízase por unha forte presenza en Pontevedra e na súa comarca a través de permanentes colaboracións con multitude de entidades públicas e privadas durante todo o curso escolar.


 

Xunqueira

CIFP A Xunqueira, este centro participa como un dos socios estratéxicos principais neste proxecto. Encargarase da reforma estrutural, adaptación e remodelado dun vehículo industrial dedicado ao servizo de comida na rúa. Un aula móvil de cociña que demostrará os resultados das alianzas entre centros públicos de Formación Profesional en Galicia.

O Centro Integrado de Formación Profesional “A Xunqueira” é un centro de ensino cunha  longa  andaina. Inaugurouse no ano 1979  como C.F.P. para as especialidades  de Electrónica, Madeira e Automoción. No ano 94 convértese en Instituto de Ensino Secundario, impartíndose as ensinanzas da  ESO, Bacharelato,  ademais  da Formación Profesional regrada nas mencionadas especialidades. No curso académico 2011-12, pasa a denominarse CIFP “A Xunqueira” por transformación do IES en Centro Integrado de Formación Profesional 1. A oferta formativa deste CIFP abarca as familias profesionais de Electricidade e Electrónica, Madeira, Moble e Cortiza, Transporte e Mantemento de vehículos e Servizos Socioculturais e á Comunidade. Inclúe ciclos de grao básico, medio e superior e ofértase nos réximes ordinarios y modulares, nas modalidades presenciais e a distancia e dual.


 

frei_martin

IES Frei Martín Sarmiento, outro dos centros públicos de ensino aliado estratéxico neste proxecto. A través da colaboración destre centro realizaremos un estudio detallado da oferta gastronómica adaptada a todo tipo de colectivos e afeccións alimentarias. Estudaremos os beneficios dunha alimentación saudable, adaptaremos menús, pratos e ingredientes e obteremos unha serie de menús naturais e pracenteiros que se ofreceran ao resto dos centros de ensino da comarca que así o desexen.

O IES Frei Martín Sarmiento é un centro de ensino secundario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Galicia que imparte as ensinanzas das familias profesionais de Sanidade, Electricidade, Imaxe Persoal e Mecanizado, ademais de ensinanzas de ESO e Bacharelato e formación profesional básica, tanto en réxime ordinario como modular . Creouse no ano 1932 nas instalacións actuais e foi incorporando novas ensinanzas, creándose a especialidade de Sanitaria no ano 1976, e pasando por diversas denominación ata a actual de IES Frei Martín Sarmiento. Na especialidade de Sanidade, impártense na actualidade un ciclo de medio de Coidados Auxiliares de enfermería , un ciclo superior de Dietética e un ciclo superior de Laboratorio Clínico e Biomédico, este último  en réxime ordinario e modular.


 

IES_Montecelo

IES Montecelo, un centro que ofrecerá un servizo de deseño integral do exterior do vehículo, ploteado, embelecido; todo elo baixo un estudo exhaustivo das multiples posibilidades que ofrece o proxecto. Ofrecerá así mesmo un soporte de deseño de todo o material de servizo necesario para o servizo da oferta gastonómica (pratos, vasos, cubertos, mantelaría…) así como dos cartaz publicitarios de cada un dos eventos que se organicen.

O IES Montecelo é un centro educativo de titularidade pública situado no lugar de Montecelo, dentro da parroquia pontevedresa de Mourente que leva impartindo formación profesional dende hai mais de 30 anos a alumnado de Pontevedra e de toda a súa comarca. Oferta educativa: Ciclo de grao medio de Farmacia e parafarmacia, Ciclo de grao medio de Preimpresión dixital, Ciclo de grao medio de Impresión, Ciclo de grao superior de Anatomía patolóxica e citoloxía, Ciclo de grao superior de Produción en industrias de artes gráficas, Formación profesional básica de Agroxardinería, Formación profesional básica de Artes gráficas, Formación profesional básica de Mantemento de vehículos, Formación profesional básica de Peiteado e estética.


martinez_otero

Martínez Otero Contract SL é unha empresa de A Estrada, adicada á fabricación, instalación e execución de proxectos de interiorismo. Martínez Otero fundada en 1942 por María Martínez Otero como un taller de ebanistería de calidade, que vendía pezas coidadosamente elaboradas en toda España. Nos anos sesenta, Martínez Otero é unha fábrica de mobles que traballa para diversos clientes en proxectos Contract, dende mobiliario para colexios, ata despachos ou bibliotecas institucionais ou na execución de grandes proxectos contract e a fabricación de mobiliario de deseño contemporáneo, que traballa nos cinco continentes.
No 1980 lanza a primeira colección de mobles de deseño contemporáneo Martínez Otero, no 2004 créase a Fundación Martínez Otero. En 2011 comeza a expansión internacional e consolídase con novos proxectos en máis de 183 cidades nos 5 continentes. En 2012 posicionamento de Martínez Otero Contract de alto valor engadido para retail e cadeas de hoteis en todo o mundo.

Martínez Otero Contract SL mantén unha estreita relación co mundo do deseño industrial en mobiliario de última gama. O obxectivo priotario desta empresa de ámbito internacional é colaborar no proxecto do CIFP Carlos Oroza proveendo as solucións que sexan necesario canto ao deseño interior do furgón de comida na rúa (deseño integrado, materiais máis axeitados, realizando un estudio dos acabados decorativos máis recomendables para o interior da carrozaría).


 

fagor

Fagor Industrial é o maior fabricante de maquinaria de hostalaría e restauración colectiva de España e décimo no mundo. Un fabricante multiproduto cunha oferta integral 360º e solucións globais acompañadas de servizos integrais para o profesional hosteleiro. Fagor Industrial é unha das poucas marcas a nivel mundial que fabrica unha gama tan ampla de produto: fornos, cocción, lavado de vaixela, lavandería, frío comercial e buffets ou elementos inoxidables a medida.

Para Fagor Industrial o seu obxectivo específico é colaborar no desenvolvemento dos proxectos de innovación e investigación da formación profe-sional no eido da gastronomía e do turismo co CIFP Carlos Oroza. Fagor Industrial enfoca esta colaboración como unha oportunidade única para que se poidan establecer canais de cooperación co obxectivo de mellorar a calidade das ensinanzas de formación profesional de hostalaría e a inserción profesional do alumnado e a transferencia de coñecemento á sociedade.


 

quantum            CIMALab_s_2015

CIMALab® é un Laboratorio de Automóbiles nado no ano 2006, actualmente encádrase dentro da empresa QUANTUM INNOVATIVE SL xurdida como spin-off do Grupo de investigación CIMA da Universidade de Vigo, designado nese momento polo Ministerio de Industria como o primeiro Laboratorio Oficial de reformas de Vehículos de Galicia. Estas dúas entidades de deseño industrial no ámbito do automóbil asumen a participación neste proxecto coma un reto nun novo espazo que se abre no mundo da hostalaría: o deseño de vehículos que sirvan para o servizo de comida na rúa. Ofrecerán soporte técnico e tecnolóxico para o deseño interior e visado do vehículo PonteVan.


GALTEX2015

GALTEX2015 é unha empresa de recente creación que se dedica ao sector do soporte e provisión de infraestruturas no mundo da hostalaría. Realiza servizos de asesoramento e dotación de material téxtil, mantalarías, fundas e mobiliario especializado para o sector do cátering. A sede social atópase no Concello de Poio e o ámbito de actuación abrangue toda a contorna da Provincia de Pontevedra.

A empresa de servizos á hostalaría GALTEX2015 tratará de ofrecer un so-porte en no vestiario profesional e/ou equipamentos necesarios para realizar unha posta en escea dos obxectivos finais do proxecto. Proverá a cada centro educativo do vestiario profesional necesario para as sucesivas presentacións do proxecto nos ámbitos que sexa necesario: mantelaría e mobiliario de cátering, uniformes para o alumnado e profesorado de cociña, batas para o alumnado e profesorado de dietética e nutrición e artes gráficas, monos de traballo para o alumnado e profesorado carrozaría e mantemento de vehículos.


vepersa

VEPERSA é un concesionario oficial da marca Volkswagen e Volkswagen comerciais, esta empresa creouse no ano 1998 e intégrase no grupo Pérez Rumbao, líder no sector da automoción galega. Comercializan vehículos ademáis da marca Audi. Colabora como empresa de acollida de alumnado en prácticas co CIFP A Xunqueira. A empresa de automoción VEPERSA ten previsto ofrecer apoio técnico e operativo para a reforma que sexa necesaria nun vehículo de flota, posiblemente de entre os dispoñibles na seu stock interno. Proporcionará toda a documentación necesaria canto a enxeniería, deseño, mecánica e datos precisos para o desenvol-vemento dun proxecto de reforma estrutural.

 

By

Nace un novo proxecto: “PonteVan: FP na rúa”

O equipo de Innova Oroza presenta un novo proxecto, un proxecto innovador e cun futuro certo, eiquí un pequeno vídeo dos primeiros pasos do proxecto; con el fixemos as primeiras reunións cos potenciais socios estratéxicos. Aínda que algúns dos partners que aparecen nas imaxes non están, e outros incorporáronse despois ofrecemos  a presentación do PonteVan: FP na rúa

foodtruck

Imos tratar de establecer alianzas estratéxicas entre centros públicos e tamén con entidades privadas. Xuntaremos forzas, sumaremos saberes e poñeremos en valor o potencial de centros de ensino público. Levaremos a Formación Profesional ao lugar que lle corresponde na sociedade galega, todo elo cun obxectivo claro: innovar e mellorar as competencias do alumnado que participe neste fermoso proxecto. Entre todos os participantes trataremos de mellorar a empregabilidade dos alumnos e das alumnas, abrirlle inexploradas e por tanto novas vías de futuro nunha sociedade que cambia moi rapidamente, en definitiva: innovar e renovar a través do cambio nos métodos de ensino e aprendizaxe.

Learning by doing – Aprender facendo

 

 

 

Abrir la barra de herramientas